A ILLA> Todo preparado na Illa de Arousa para acoller o Atlantic Fest. Entre os días 26 e 28 de xullo o festival multiplicará por dous a poboación do pequeno concello insular. A venda de entradas avanza a bo ritmo, e a organización calcula que esta semana podería completarse o aforo. A cita deste ano chega con máis música, máis novas promesas e un novo compromiso co medio ambiente.
Por cuarto ano consecutivo, A Illa de Arousa converterase no escenario do Atlantic Fest. A cita será a fin de semana do 26 ao 28 de xullo, multiplicando a poboación do pequeno concello.
Segundo a organización, a venda de abonos vai máis rápida que nunca. De feito, cren que esta semana poderán completar o aforo de 5.000 persoas previsto para o sábado.
Como selo de identidade do festival, polos catro escenarios pasarán grupos moitos grupos noveles, que se combinarán coas apostas máis fortes da cita: Love of Lesbian, Los Planetas, Dorian ou Nacho Vegas encabezan o cartel.
O Atlantic Fest tamén aposta pola responsabilidade social e polo coidado do medio ambiente. Tanto Deputación como Xunta de Galicia contarán con espazos dende os que concienciarán ao público.
Ademais das actuacións nos catro escenarios, o domingo despedirase cunha sesión vermú. Tamén haberá catas e obradoiros e rutas en bicicleta pola Illa.