Novas protestas á Xunta por parte das mariscadoras de Lazareto

    NOVA_PROTESTA_LAZARETOcopy.jpgCARRIL> Os membros deste colectivo confesan que se sinte enganados pola Consellería do Mar. Din, non cesarán ata que lles den unha solución.

    {flowplayer}images/salnes/NOVA_PROTESTA_LAZARETO.flv{/flowplayer}

    Despois da protesta de onte e da do pasado luns na lonxa de Carril, neste caso na que mesmo tivo que intervir a Policía Autonómica e o Garda Costas, hoxe as mariscadoras de Lazareto continuaron coas concentracións.

    Nesta ocasión o fixeron diante da Delegación da Consellería nesta localidade vilagarciá. Alí reiteraron que se senten enganadas pola Xunta despois de que anunciasen que non vai saír adiante o plan piloto para a zona da Fangueira e que suporía a creación de vinte e un postos de traballo.

    Ó mesmo tempo, criticaron que na zona de cultivo dos bivalvos, dun millón douscentos mil metros cadrados, traballan actualmente sesenta mulleres cando hai sitio para novas incorporacións.

    Do que non cabe dúbida é que cos acontecementos dos últimos días, se intensificaron os controis por parte da Xunta. Desde o colectivo confesaron que eles non teñen nada que ver.

    Por último, sinalaron que non están conformes con que se creen seis postos de traballo este ano e dez o próximo. Por iso, din, seguirán protestando ata que obteñan unha solución. Nos vindeiros días teñen previsto reunirse cunha representación do concello e coa Consellería en Santiago.

    Redacción Salnés