O Céltiga prescinde de Carducho e ficha a Manuel Núñez

ILLA> A normativa impide que Carducho adestre a dous equipos da mesma categoría na mesma temporada. A risco de ser sancionado, o Céltiga prescinde do ex do Ribadumia e contrata a un vello coñecido: Manuel Núñez.

Despois do cese de Rial hai quince días, Carducho tomou as rendas do equipo da Illa. O problema xurdíu, non co técnico, senón coa federación, xa que a normativa impide que un adestrador poida dirixir dous equipos da mesma categoría nunha mesma temporada. Por iso non se puido sentar no banquiño tanto ante o Verín como este pasado domingo fronte ó Ribadumia.

A directiva do Céltiga víu que a situación non era sostible (ademais poderían ser duramente sancionados) e xa lle atopou substituto. Será Manuel Núñez o encargado de dirixir ó Céltiga ata final de temporada xunto o seu axudante Toni. O ourensán afincado en Vigo coñece ben ó club posto que xa o dirixíu durante catro temporadas, nunha delas en Preferente, na que acadou o ascenso a Terceira onde mantivo ó equipo durante as tres seguintes temporadas.

Redacción Salnés