Canarias e Cataluña corónanse no Nacional cadete

SANXENXO> Rematou en Portonovo o Campionato de España de Volei Praia por autonomías. O evento reuníu durante tres días na praia de Baltar ás mellores parellas do país neste deporte. Finalmente o título masculino viaxou cara Canarias e o femenino a Cataluña.

A praia de Baltar vestíuse de gala para acoller durante esta pasada fin de semana os Nacionais de Volei Praia en categoría cadete. Unha vez máis Sanxenxo demostrou estar á altura no organizativo acadando un novo éxito neste aspecto.

No estrictamente deportivo, despois da fase de grupos e das eliminatorias de cuartos de final, as semifinais masculinas presentaban dous interesantes duelos entre Valencia e Andalucía, e Canarias contra o segundo equipo de Valencia. Na primeira semifinal os levantinos impuxéronse por 2-1 ós andaluces mentres que na seguinte os canarios imposibilitaron a final completamente valenciana logo de gañar o seu partido con comodidade por 2-0. A final estivo á altura en xogo e emoción e finalmente serían os canarios os que se levarían o título despois de vencer por 20-18 no terceiro e definitivo set.

No que respecta á participación galega, ningún dos dous equipos que presentaba a federación autonómica pudieron acceder ás fases finais e remataron nos postos 14 e 23.

No cadro femenino o dominio de Cataluña foi absoluto. Gañaron sen problemas á súa seminfinal a Cantabria e logo impuxéronse por 21-5 / 21-10 na final a Andalucía, que eliminara previamente a Madrid. Tampouco nas mulleres Galicia tivo un papel destacado, rematando posto 20º de 24 equipos participantes.

Redacción Salnés