Nova protesta das mariscadoras de Lazareto na lonxa de Carril

    protesta_lazareto_carrilcopy.jpgCARRIL> E o fixeron ó tempo que as traballadoras da confraría pesaban o seu marisco. A vindeira semana acudirán ó pleno do concello.

    {flowplayer}images/salnes/SEGUEN_PROTESTAS_LAZARETO.flv{/flowplayer}

     Entre gritos e acusacións foi coma se desenvolveu esta nova protesta das mariscadoras do colectivo Lazareto. O obxectivo era o de sempre: solicitar á Consellería do Mar os 21 permex que lles prometeran. E o fixeron ó tempo que as traballadoras da confraría introducían o marisco na lonxa despois da xornada laboral.

     Segundo a presidenta do colectivo é ante a falta de respostas polo que continúan coas súas protestas. Nesta ocasión a manifestación durou máis de dúas horas e media.

    Unha das súas peticións, que xa lle transmitiron ó delegado da Consellería do Mar en Carril, é manter unha xuntanza coa Conselleira, Rosa Quintana, para tratar de buscar unha solución. Polo momento, non recibiron resposta.

    Ó mesmo tempo xa enviaron un escrito a tódolos partidos políticos con representación no concello de Vilagarcía para recadar apoios. Polo de agora, acudirán ó pleno da vindeira semana.

     Mentres non obteñan unha solución, sinalan, seguirán coas súas protestas diarias diante da lonxa de Carril.

    Redacción Salnés