Un contacontos para fomentala lectura entre os máis cativos

    contacontoscopy.jpgVILAGARCÍA> Esta foi unha das actividades programadas polo concello con motivo da celebración do Día das Bibliotecas.

    {flowplayer}images/salnes/DIA_BIBLIOTECAS_VILAGARCIA.flv{/flowplayer}

    Con motivo da celebración do día das Bibliotecas, o concello de Vilagarcía organizou diferentes actos encamiñados a fomentala lectura entre os máis cativos. Un deles foi un contacontos que acolleu a Biblioteca Rosalía de Castro.

    Ademais, o profesor vilagarcián Xermán Torres doou dúas obras da súa colección ós fondos municipais. Trátase de dous exemplares que desde hoxe pasan a formar parte dos fondos da Biblioteca Municipal, formada por máis de 34.000 volumes. Un deles é un exemplar de ‘Agromar’ de Xosé Filgueira Valverde que foi publicado no 1936. A outra obras, asinada polo propio Xermán Torres, é ‘O galego polo teatro’.

    A esta doazón súmanse os manuais universitarios que se conseguiron a través da asociación xuvenil Doble Espacio. Con todo, Rocio Llovo sinalou que tentarán conseguir máis fondos para as casas culturais de Vilagarcía.

    Nesta liña, e con motivo da celebración deste día, desde o concello organizaron unha sesión de contacontos, na que participou un grupo de alumnos do colexio da Escardia, e un obradoiro de marca páxinas. O obxectivo: fomentala lectura entre os máis cativos.

    Desde o concello tamén cederán á Escola Oficial de Idiomas 18 obras en inglés, francés, alemán e italiano.

    Redacción Salnés