O Encontro Irmandiño nega que os seus alcaldes teñan que abandonar

    O SALNÉS> O Voceiro do Encontro Irmandiño entrevistouse onte co Portavoz nacional do BNG e co candidato por esta lista á Presidencia da Xunta…

    {flowplayer}images/salnes/entrevista_beiras.flv{/flowplayer}

    … de Galicia. Nesta xuntanza, Xosé Manuel Beiras recibiu os parabéns de Guillerme Vázquez e Francisco Jorquera polo comportamento do Encontro Irmandiño trala pasada asemblea nacional do partido. Dentro desta reunión tamén falaron do futuro dos cargos políticos que asumen integrantes ou simpatizantes do Encontro Irmandiño. Unhas decisións que deberán, segundo se acordou, ser adoptadas por consenso entre as partes.

    Con todo, o histórico cofundador do BNG confía en que finalmente as partes agora enfrontadas cheguen a adoptar unha postura con siso. Namentres desde a UPG se lle quita ferro a esta excisión, Beiras asegura que este podería ser o principio dunha desmembración da esquerda nacionalista, a raíz da postura de non retorno á que se chegou na antedita asemblea na que as votacións deixaron unha situación, practicamente de empate técnico.

    A maiores, Beiras non deixa pasar a ocasión de apuntar un futuro prometedor para a nova forza que resulte do encontro dos Irmandiños con Mais Galiza e outros simpatizantes que non acaben de reflectirse no seo do actual Bloque Nacionalista.

    Redacción Salnés