Os sons da norteamérica profunda encherán o Vilagarcía Blues Festival

    blues_100.jpgVILAGARCÍA> O Blues encherá de sentimento a cidade de Vilagarcía a finais deste mes dentro da segunda edición do Vilagarcía Blues Festival.

    {flowplayer}images/salnes/160709_festival_blues.flv{/flowplayer}

    Trala exitosa edición do ano anterior, este ano o Concello intentará converter este evento nunha cita ineludible do panorama musical do noroeste da Península Ibérica.

    Desde o domingo 26 e ata o mércores 29, na Alameda de Vilagarcía e baixo entrada de balde, cada noite, a partir das once actuará un grupo de renome do eido do blues, gospel, jazz ou soul. Este cartel vai a supoñer unha oferta moi ben valorada polo público dada á espectacularidade e sentimento que prometen.

    Redacción Salnés