![]()
VILAGARCÍA> A concelleira de promoción económica de Vilagarcía, Rosa Abuín explicou esta mañá as bases para as axudas á instalación das terrazas.
{flowplayer}images/salnes/AxudasTerrazasVilagarcia.flv{/flowplayer}
A ordenanza municipal das terrazas fora aprobada en acordo plenario a principios de outubro aínda que despois o crédito para levar a cabo as subvencións non se recoñeceu.
A concelleira dixo esta mañá que este tema é prioritario e di que as axudas se van a levar a cabo. A subvención será do 50 por cento do investimento feito no novo mobiliario cun tope de 200 euros por velador e 900 por hosteleiro e establecemento.
As axudas irán destinadas ós hosteleiros que teñan licencias anteriores, que teñan mercado o mobiliario e que presenten a factura de compra para demostralo. E tamén é preciso estar ó día en materia de normativa laboral. O prazo para presentarlo é do 1 ó 31 de abril.
O concello fará unha inversión nestas subvencións de 80.500 euros .
Tamén dixo a concelleira que estas axudas serán compatibles con calqueira outra como por exemplo as recentemente anunciadas pola Xunta que serían de 3000 euros e irían na liña destas do Concello.
Rosa Abuín aproveitou para facer referencia a Lei Antitabaco no que afecta ás terrazas porque segundo ela hai casos concretos nos que ós hostaleiros se lles presentan certas dúbidas.
Para rematar a concelleira dixo tamén que ata o día de hoxe hai 64 expedientes presentados e algunhas rúas que chegaron xa a acordos como a Baldosa, a prolongación da Baldosa, a Marina e Méndez Núñez.
Redacción Salnés







