A aprobación definitiva do macropolígono realizarase a mediados de abril

    macropoligonobarbanza_copia.jpgBARBANZA> O anuncio partiu do conselleiro de Infrestruturas despois da xuntanza mantida esta mañá en Santiago co alcalde da Pobra do Caramiñal, Isaac Maceiras…

    e o deputado e candidato do PP á alcaldía de Ribeira, Manuel Ruíz Rivas.

    {flowplayer}barbanza/macropoligonobarbanza.flv{/flowplayer}

    Segundo Manuel Ruíz durante estes anos, tanto o Partido Socialista coma o Bloque Nacionalista Galego, estiveron vendendo fume, pois a execución do parque empresarial era totalmente inviable ó asentarse nun chan de especial protección forestal.

    Creación emprego

    O alcalde pobrés valorou tamén moi positivamente a nova, xa que a execución do macropolígono, propiciará a creación de novos postos de traballo.

    Por fases

    O futuro polígono comarcal do Barbanza, que estará asentado na zona de Moldes, nos límites dos concellos da Pobra do Caramiñal e Ribeira, suporá un investimento total de máis de 45 millóns de euros. A súa superficie rondará os 800 mil metros cadrados, dos que aproximadamente a metade serán destinados ó asentamento de novas empresas. A intención da Xunta é que a execución do parque se adapte á demanda real existente, abríndose a posibilidade de desenvolverse por fases.

    Acto electoralista

    As reaccións a esta nova non tardaron en chegar. O deputado socialista, Xosé Manuel Lage, criticou o encontro mantido esta mañá polo conselleiro de Infraestruturas co alcalde da Pobra do Caramiñal, Isaac Maceiras, e o candidato do PP á alcaldía de Ribeira, Manuel Ruíz Rivas, en sede parlamentaria. Para Lagel tratouse dun acto meramente propagandístico, calificando o anuncio dado por Agustín Hernández de ‘realidade virtual’, xa que, segundo el, durante estes dous anos do Partido Popular á fronte da Xunta, o proxecto estivo paralizado, a pesar das solicitudes realizadas en máis dunha ocasión, para coñecer a situación real do macropolígono do Barbanza, obtendo sempre a calada por resposta.

    Redacción Barbanza