Pouco berberecho e prezos discretos no inicio do libre marisqueo

    SALNÉS> No inicio da campaña de libre marisqueo os mariscadores de a flote apañaron nos Lombos do Ulla bastante ameixa fina e de bo tamaño. Non así a xapónica ou o berberecho, da que constataron que, polo de agora, só hai cría. Moita, iso si. Os prezos de venda, como se agardaban foron discretos. Na lonxa de Carril, en Vilagarcía, os prezos de venda desta primeira xornada do libre marisqueo nos Lombos do Ulla foron máis ben discretos. As primeiras paradas da subhasta non pasaron dos 29.75 euros a ameixa fina, 7.70 euros a xapónica, 10.60 a babosa e o berberecho roldou un pouco máis arriba de seis euros por quilo. O certo é que non se cumpriron as expectativas máis optimistas dos mariscadores que constataron sobre o terreo que non había tanto marisco nin de gran tamaño. Agardan en Carril que a gran cantidade de cría non se vote a perder por ningún factor e que poida chegar a acadar a talla comercial contra final de ano. Moitos dos mariscadores de a flote da Ría de Arousa xa prevían este comezo de campaña, polo que optaron por ir a traballar ós bancos de libre marisqueo que lle quedaban máis preto para aforrar custes de desprazamento. Con todo, cabe salientar que segue a haber unha importante demanda do marisco galego no mercado en vistas do alto interese dos compradores por facerse con marisco nas lonxas. {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2013/10outubro/02/campanalibremarisqueo021013.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2013/10outubro/02/soadianto_COTIZACION_INICIO_LIBRE_MARISQUEO.mp4{/flowplayer}