Pesca e turismo nunhas xornadas promovidas polo GAC

    GAC_SANXENXOcopy.jpgSANXENXO> Esta iniciativa, titulada ‘A sostenibilidade costeira desde o sector turístico’ desenvolverase a próxima semana.

    {flowplayer}images/salnes/GacPontevedra.flv{/flowplayer}

    O grupo de acción costeira ría de Pontevedra presentou esta mañá as unhas xornadas coas que pretenden promover o turismo en relación co sector pesqueiro.

    Estas xornadas, que se desenvolverán o luns e o martes da semana que ven, teñen como obxectivo contribuir á difusión do grupo de acción costeira no territorio e á promoción do turismo sostible na Ría de Pontevedra.

    As xornadas están dirixidas a a tódolos membros do sector pesqueiro que están a desenvolver actividades turísticas complementarias ou que están pensando en facelo. E á súa vez tamén ós empresarios adicados ó turismo para darlles a coñecer as posibilidades do turismo sostible a través do Gac.

    Unha das bazas máis importantes do sector turístico na ría de Pontevedra é a presenza do Parque Nacional das Illas Atlánticas. Un atractivo que dende o grupo consideran que no sé está a empregar o suficiente e que queren poñer en valor.

    As xornadas celebrarranse na sede da Confraría de Portonovo e todo o que queira participar pode inscribirse no correo electrónico gacpontevedra@gmail.com.

    Redacción Salnés