Clesa comeza a aplicar o ERE a 123 traballadores da fábrica

    ere_clesacopy.jpgCALDAS> Ademais, hoxe o Xulgado do Mercantil número 2 de Pontevedra declarouse incompetente sobre o concurso de acredores.

    {flowplayer}images/salnes/COMEZA_ERE_CLESA.flv{/flowplayer}

    Múltiples reunións e xuntanzas entre traballadores e directivos da fábrica permitiron que hoxe se comezase aplicar o ERE temporal a 123 traballadores da factoría de Saiar.

    Unha comisión formada por catro membros do comité de empresa e outras catro de Clesa será a encargada de facelo seguimento do Expediente de Regulación de Emprego temporal ó longo dos próximos 6 meses. Ademais, ocupouse de organizalos horarios e as quendas nas diferentes seccións. Todo por un mesmo obxectivo: mantela actividade da fábrica a lo menos nun 30%.

    Con respecto á posibles interesados na adquisición da fábrica, a presidenta do comité de empresa confesou que polo momento no hai novidades. Agardan mellore o panorama unha vez que se normalice a situación.

    E é que hoxe mesmo, o Xulgado do Mercantil número 2 de Pontevedra declarouse incompetente sobre o concurso da fábrica e non admitiu a trámite a solicitude de concurso voluntario de acredores solicitado por Clesa. Aínda así, si concedeu as medidas preventivas solicitadas pola dirección da empresa.

    Redacción Salnés