Seguimento masivo da terceira xornada de folga no sector do metal pontevedrés

PONTEVEDRA/VILAGARCÍA> Terceira xornada de folga no sector do metal da provincia de Pontevedra.  Unha convocatoria que, segundo os sindicatos CIG, Comisións Obreiras e UXT foi secundada por practicamente o 100% dos traballadores. Dende primeira hora da mañá os piquetes informativos instaláronse nos polígonos de Pontevedra e O Salnés. Tamén durante todo o día outro permaneceu na fábrica de ENCE en Lourizán. Ademais, celebráronse dúas manifestacións en Vilagarcía e en Pontevedra.

Éxito de convocatoria da terceira xornada de folga do sector do metal da provincia de Pontevedra. Segundo os sindicatos convocantes, lonxe de perder folgos, os traballadores volveron secundar o paro.

Todo o sector vai a unha para reclamar un convenio colectivo con melloras salariais e laborais. Aseguran que actualmente o pontevedrés está por debaixo dos acordos acadados noutras provincias. Tamén denuncian a actitude da patronal ante as negociacións.

A primeira hora da mañá houbo piquetes informativos nos polígonos de Pontevedra e O Salnés e durante todo o día na fábrica de ENCE en Lourizán. Ademais celebráronse dúas manifestacións en Vilagarcía e en Pontevedra. Mobilizacións que continuarán se non se chega a un acordo.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí