As redeiras de Portosín demandan unha nave a carón da lonxa

redeirasportosin_100.jpgPORTO DO SON> O inmoble no que traballan está situado a unha distancia considerable do peirao principal de atraque, onde desenvolven o seu labor habitualmente.

No porto de Portosín atraca unha das flotas máis importante de cerco de Galicia. As redeiras da localidade traballan arreo para manter os aparellos en perfecto estado. Pero carecen dun edificio no peirao principal de atraque dos barcos. Na nova lonxa non hai espazo para elas, polo que teñen que desenvolver o seu traballo a intemperie. Nos días de mal tempo téñense que desprazar ata a nave de redes, situada a máis de cincocentos metros do peirao principal.

{flowplayer}barbanza/redeirasportosinnave.flv{/flowplayer}

Por iso piden un espazo mellor acondicionado para realizar o seu traballo, un edificio a carón da nova lonxa. A nave que usan está moi deteriorada polo paso do tempo, ademáis se lles está a quedar pequena pola gran cantidade de aparellos acumulados.

Xa se puxeron en contacto ca Consellería do Mar, a través do colectivo de redeiras ó que pertencen, Virxe do Carme. Ademáis están a espera de poder manter unha xuntanza con responsables do departamento autonómico para darlles conta desta solicitude.

Redacción Barbanza