CAMBADOS> Cambados entregará o décimo oitavo premio Ramón Cabanillas a Xose María Dobarro. O catedrático é escollido polas súas obras e investigación sobre as escrituras de Ramón Cabanillas. O premio entregarase nunha gala que terá lugar o vindeiro venres 3 de xuño no auditorio.
O concello de Cambados organizará unha nova edición dos premios Ramón Cabanillas. Nestes décimo oitavos premios, o escritor galardoado será Xosé María Dobarro. O catedrático da Universidade da Coruña escribiu varias obras sobre os traballos de Ramón Cabanillas.
A elección do gañador faise conxunta entre as bibliotecas da vila e o concello. Premiase anualmente a algunha persoa cuxa obras axuden a poñer en valor a figura de Cabanillas.
A gala de entrega do premio terá lugar o venres 3 de maio a partir das 8 da tarde. Ademais da entrega tamén haberá recitais de poesía e música.
A entrada á gala será gratuíta e aberta a todos os públicos. Unha vez rematada haberá unha cea na que tamén poden participar os asistentes á gala, pero esta cun custo de 30 euros.