O obradoiro Insértate remata a renovación da Escola Unitaria de Baltar

    escola_unitaria_castrelo100_120508.jpgCAMBADOS > Castrelo xa conta cun novo centro sociocultural, restaurada polos alumnos do obradoiro de emprego Insértate.

    {flowplayer}images/salnes/ESCOLAUNITARIACASTRELO.flv{/flowplayer}

    CAMBADOS > A antiga escola unitaria de Baltar, en Castrelo, xa está totalmente renovada e acondicionada como centro socio cultural. Neste inmoble non só poderán desenvolver as súas actividades os colectivos da parroquia senón que tamén acollerá actividades organizadas polo Concello de Cambados.

    As obras custaron 30 mil euros e foron desenvolvidas polos alumnos do obradoiro de emprego Insértate. Segundo o seu director, Emilio Ferreiro, houbo unha gran implicación neste proxecto, tanto dos alumnos como do equipo de monitores.

    O obradoiro actual remata agora en xuño, pero dentro de dous meses dará comezo outro curso. A consellería de Traballo aprobou o novo proxecto pero reduciu o número de alumnos de 58 a 40 e tamén o presuposto, que será de 800 mil euros. A continuación do obradoiro Insértate ten no seu plan de traballo a restauración das telleiras do Facho e das beirarrúas da avenida de Galicia, entre outras actuacións.

    Redacción Salnés