PONTEVEDRA> Os grandes concertos e as experiencias gastronómicas volverán ir da man nunha nova edición do Portamérica. O festival repite na carballeira de Caldas de Reis por segundo ano consecutivo, desta volta, cunha clara aposta pola igualdade e a sustentabilidade. Por cada entrada vendida, a organización comprométese a plantar unha árbore na localidade.
Izal, Xoel López, Vetusta Morla, Miranda!, Pussy Riot ou El Columpio Asesino son só algúns exemplos do que ofrece a edición deste ano do Portamérica, que se vai celebrar do 5 ó 7 de xullo. O festival repite na Carballeira de Caldas por segundo ano consecutivo e faino cun claro compromiso a prol da igualdade e a sustentabilidade. Ademais do aspecto musical, o Portamérica seguirá apostando nesta edición pola gastronomía, de novo co Show Rocking, liderado por Pepe Solla. Á cita vai acudir unha trintena de chefs de renome.
Esta mañá presentouse o festival no Pazo Provincial. Para a presidenta da Deputación pontevedresa, o Portamérica é un exemplo do talento que a provincia lle pode ofrecer ó mundo. O alcalde de Caldas, pola súa banda, asegurou que o evento contribúe a facer da súa vila un lugar aínda máis singular.
Co Portamérica darase o pistoletazo de Saída ó Rías Baixas Fest, o calenderio festivaleiro da provincia para o verán que aglutina sete eventos destacados.