O Festa Clown levará ás rúas de Vilagarcía 25 espectáculos con máis de 75 artistas

VILAGARCÍA> Vilagarcía presenta un festa clown que contará con 25 espectáculos e máis de 75 artistas. A vila encheras de humor, malabaristas e acróbatas do 17 ao 21 de agosto, cun espectáculo adiantado o día 13. O festival sorprenderá coas súas funcións pero sen deixar de lado a vertente social, apoiando de novo a asociacións da contorna como Con Eles.

As festas de San Roque en Vilagarcía xa non se entenden sen a celebración do Festa Clown. Un festival de circo na rúa que encherá as prazas e parques da vila de humor, acrobacias e malabares entre outras especialidades.

A oitava edición do festa clown chega con 25 espectáculos e máis de 75 artistas. O festival terá lugar do 17 ao 21 de agosto con actuación pola mañá, ás 11 con temática social e as 12 con pequenos espectáculos. Polas tardes terán lugar as actuacións máis grandes.

O festival conta coa colaboración de administracións como a xunta de Galicia. Dende o Agadic destacan a ampla variedade de artistas cos que conta o evento.

Na súa presentación o festa clown xa mostrou un adianto dun dos seus espectáculos colaborando coa asociación Con Eles. Dende o concello destacan a vertente solidaria do evento.

Aínda que oficialmente comeza o día 17, o festival adianta un espectáculo ao día 13 no que participarán a banda da música da vila e culturactiva producións. Pecharase o día 21 coa función especial Museo Encantado e coa gala solidaria de pallasos en rebeldía.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí