O derrubamento dun cruceiro deixa dous feridos leves

    cruceiro copia100.jpgCAMBADOS> O cruceiro caeu sen motivo aparente, aínda que se baralla que fose desencaixado polo vandalismo nocturno.

    {flowplayer}images/salnes/CAIDA_CRUCEIRO_CAMBADOS.flv{/flowplayer}

    O suceso produciuse ó redor das 11 e media da mañá, cando decenas de persoas se reunían no atrio da igrexa para asistir á misa das doce ou para recoller ós nenos do catecismo. Foi entón cando o cruceiro se derrubou, ferindo a dúas persoas.

    O home, duns 37 anos de idade, atopábase coa súa filla cando unha das pedras caeulle sobre as costas. Para descartar problemas internos, foi trasladado ó Hospital do Salnés, onde lle realizaron numerosas probas. Pola súa banda, a muller resultou ferida nun xeonllo, polo que tivo que recibir catro puntos de sutura.

    Segundo as testemuñas, o derrubamento do cruceiro teríase producido sen motivo aparente. Sen embargo, non se descarta que a construción caera ó ser desencaixada por algún rapaz, xa que a zona de Santa Mariña é lugar de encontro para a festa nocturna.

    Ademais desta posibilidade, dende o concello tamén se baralla que o derrubamento fora debido a un mal anclaxe da empresa encargada da rehabilitación do cruceiro no 2004, cando a construción fora derrubada por varios rapaces.

    Redacción Salnés