![]()
O GROVE> A actuación contará cun orzamento de case 37 millóns de euros, e estará rematada no 2015.
{flowplayer}images/salnes/CHARLA_REORDENACION_PORTO_GROVE.flv{/flowplayer}
A concepción dun complexo portuario O Corgo- Meloxo, é a idea que marca a alternativa de ampliación e reordenación das actuais instalacións. Un proxecto coordinado co que Portos de Galicia busca fomentar o papel do porto como motor do concello.
Os traballos no porto do Corgo irán destinados a ampliar a especializar as instalacións, cubrindo as necesidades dos usos pesqueiros, náutico recreativo e de pasaxe. Ademais, o proxecto inclúe a realización dun aparcadoiro soterrado para máis dun millar de vehículos. Pola súa banda, Meloxo especializarase para a flota bateeira, ademais de acoller a nova sé do club de remo Amegrove.
Nesta liña de cooperación tamén se manifestou o alcalde meco. José Antonio Cacabelos amosouse satisfeito co proxecto, que, asegurou, recolle as propostas realizadas por corporación e colectivos.
Para financiar os traballos, que contarán cun orzamento de case 37 millóns de euros, Portos de Galicia recorrerá á cooperación público privada. Segundo Álvarez- Campana, o ente autonómico xa está a traballar na redacción do proxecto, e sinalou o 2015 como a data na que as novas instalacións estarán en funcionamento. Sen embargo, non descartou que algúns equipamentos poidan empregarse antes desa data.
Redacción Salnés









