A Illa recorrerá o POL ante os tribunais

    A ILLA> O Alcalde da Illa Manuel Vázquez compareceu hoxe co edil de Xestión do territorio illense para amosar a súa desconformidade…

    {flowplayer}images/salnes/pol_illa.flv{/flowplayer}

    … ca afectación que prevé o Plan de Ordenación do Litoral con este Concello. Para os da Illa, este POL non contempla ningunha das catro alegacións acordadas por unanimidade de tódolos grupos da corporación municipal e consensuadas cos distintos colectivos sociais do Concello.

    Este documento proposto polo goberno galego afecta ó 83 % do chan urbano non consolidado; o que vai moito máis aló do previsto na tan polémica lei dos 500 metros prevista polo anterior goberno bipartito da Xunta; e o que supón un claro agravio comparativo cas porcentaxes de Concellos limítrofes non insulares como Vilanova e Cambados. Segundo Vázquez, esto vai a supoñer na práctica unha importante inseguridade xurídica para os veciños deste Concello que case non van a contar con terreo edificable algún en toda a Illa. Asemade, ningún futuro goberno municipal será quen de adaptar calquera PXOM a este estricto corsé que ven de marcar o POL. Ante esta situación de indefensión non lles queda outra que recorrer á Xustiza.

    No seu discurso, Vázquez, desafía os interlocutores daquel Pleno de Faxilde do 2007, entre eles o actual Conselleiro Alfonso Rueda ou o Presidente Provincial, a que veñan a explicárllelas ós veciños da Illa as promesas e sentencias que realizaban daquela en contra do Plan de Protección do Litoral.

    Redacción Salnés