Mañá entra en vigor a DOP do mexillón galego

    dop_100.jpgVILAGARCÍA > A partir de mañá o mexillón galego terá o seu propio marchamo de calidade. Tal e como aparece publicado hoxe no DOG, entra en vigor a Denominación de Orixe Protexida do Mexillón de Galicia e o seu Consello Regulador.

    Esto supón que o mexillón sexa o primeiro producto do mar europeo que acada un recoñecemento deste tipo por parte das institucións comunitarias. Esta DOP servirá para que o consumidor saiba distinguir no mercado o producto que procede das rías galegas do que non o é .

    A partir desta aprobación por parte da Consellería de Pesca da Xunta de Galicia, desde o Consello regulador do Mexillón de Galicia comezarán a traballar para que este producto con esta etiquetaxe comece a estar no mercado ó longo deste mes.

    Desde a plataforma maioritaria do sector miticultor galego agrupados en Pladimega aplauden esta aprobación definitiva. Con este novo etiquetado, os membros de Pladimega aseguran que se vai a identificar claramente o producto galego, ó tempo que se garante a súa trazabilidade.

    Esto suporá un avance xigantesco para o sector, tal e como eles entenden que significará a posta en marcha do novo sistema de distribución que eles abandeiran e ó que agardan que acade o mesmo nivel de adhesión que a antedita DOP.

    Redacción Salnés