MEIS> Os veciños desta parroquia levan máis de anos dependendo de fosas sépticas privadas.
{flowplayer}images/salnes/PROTESTAS_SANEAMENTO_MEIS.flv{/flowplayer}
Máis de sete anos levan xa os habitantes da parroquia de Santo Tomé de Nogueira, en Meis, loitando por unha rede pública de saneamento. A pesares de que o concello foi avanzando na realización dunha rede de sumidoiros, hoxe en día a maioría das casas seguen sen estar conectadas a este servizo básico, o que obriga os veciños a depender de fosas sépticas particulares.
O mes pasado, ó redor de medio centenar dos afectados presentaron un escrito coas súas sinaturas no concello para esixir a finalización da obra. Unha cuestión que tamén foi levada ó pleno pola oposición.
Segundo os veciños, dificultades técnicas e a necesidade de instalar un bombeo para levar o servizo a todas as casas, son as razóns esgrimidas dende o concello para paralizar as obras. Uns traballos que os habitantes da parroquia de Santo Tomé non saben se se reanudarán e canto terán que agardar para que a rede de saneamento chegue, por fin, ás súas casas.
Redacción Salnés