O GDR Salnés-Ulla-Umia organiza unha ‘Traslatio’ para visibilizar as mulleres rurais

PONTECESURES>  O GDR Salnés-Ulla-Umia conmemorará o Día Mundial da Eliminación da Violencia contra a Muller cunha nova proposta: ‘O Rural contra a violencia de xénero’. O 13 de novembro realizarase a Ruta Xacobea ‘Traslatio’ co obxectivo de dar visibilidade ás
mulleres rurais que residen en poboacións do rural galego e, en concreto, nos dezaseis
concellos que forman este GDR.

A ruta comezará en Vilanova de Arousa. Pasará polos concellos de Catoira e Valga para rematar en Pontecesures. No porto cesureño lerase un manifesto e realizarase unha videoconferencia con representantes da Xunta de Galicia, que será simultánea cos vinte catro GDRs galegos.

De xeito paralelo, a Caravana Morada estará instalada durante toda a mañá na praza
de abastos de Pontecesures, ofrecendo asesoramento e información en violencia de
xénero.

O GDR Salnés-Ulla-Umia realizará a actividade ‘O Rural contra a violencia de xénero’ en
colaboración co AGADER, a Secretaría Xeral de Igualdade e a Axencia Turismo de
Galicia.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí