O Piñeiriño estreará este curso un comedor con 70 prazas

VILAGARCÍA> O colexio de O Piñeiriño, en Vilagarcía, xa ten comedor escolar. A Xunta xa deu por rematadas as obras desta instalación, que o centro agarda estrear este mesmo curso. Concello e Xunta colaboraron para levar adiante esta actuación, que contou cun orzamento de 75.000 euros, e coa que atenden unha vella demanda da comunidade escolar do colexio.

O anhelado comedor do colexio de O Piñeiriño de Vilagarcía poderá entrar en funcionamento este mesmo curso. A Xunta xa deu o visto bo ás obras que permitiron converter uns antigos vestiarios nun comedor para preto de 70 alumnos.

O comedor conta cun espazo de preto de 140 metros cadrados, nos que un cátering servirá a comida aos nenos que se inscriban para empregar este servizo. A ANPA será a encargada da súa xestión, e agardan que teña unha boa acollida na comunidade escolar.

As instalacións son unha realidade grazas a un investimento de máis de 75.000 euros e á colaboración entre Xunta de Galicia e Concello de Vilagarcía. Na visita que hoxe realizaron ás instalacións, ambas administracións destacaban esta relación.

Cores Tourís tamén apuntou que xa están rematadas as obras de cambio dos falsos teitos e iluminación nas aulas do colexio Rosalía de Castro de Carril, que se executaron cun orzamento próximo ós 60.000 euros.