Desfiles de Entroido multitudinarios en Vilagarcía e O Grove

    DESFILES_ENTROIDOcopy.jpgSALNÉS> En ambas localidades arousás, a cifra de participación foi máis alta que en calquera outra edición.

    {flowplayer}images/salnes/DESFILES_ENTROIDO.flv{/flowplayer}

    Diversión, colorido e moita troula. Isto é sen dúbida o que mellor define os desfiles de carnaval que se celebraron esta tarde na comarca do Salnés.

    En Vilagarcía, incluso bateron tódolos récords de participación. Así o informaron desde o concello. Nesta edición, o desfile acolleu máis participantes que calquera outro ano. Charangas, comparsas, grupos ou individuais. Diferentes categorías pero todas cunhas características comúns: o humor, a troula e moita diversión.

    Este espectáculo fixo as delicias entre o público que só tiña bos adxectivos para cualificar este desfile que acolleron as rúas vilagarciáns. Moito colorido e bo ritmo.  

    Comparsas de Vilanova, A Illa ou Sanxenxo desprazáronse ata o Grove para desfilar polo seu Sambódromo particular. Un desfile multitudinario ó que asistiron decenas de persoas. Era tal a calidade dos participantes que o público mesmo dubidaba ó escoller o seu favorito.

    A partir das sete e media a praza da Peixería en Vilagarcía, acolleu o tradicional baile de Entroido.

    Redacción Salnés