O executivo boirés acometerá melloras en Vista Alegre

    mellorascemiterio_100.jpgBOIRO> Aproveitarán obras de construción de novos nichos no cemiterio para acondicionar os accesos e mellorar os aparcamentos.

    Mentres os técnicos realizan un estudo sobre o número de nichos que poden construírse no actual cemiterio, o estado das instalacións motivou as críticas de varios veciños. As queixas refírense principalmente ó acceso principal e zona de aparcadoiros, que non conta con aglomerado, polo que en época de chuvias dificúltase o tránsito.

    {flowplayer}barbanza/mellorascemiterio.flv{/flowplayer}

    O edil de Obras explicou que está previsto acometer unha serie de melloras, aproveitando a ampliación dos nichos, entre as que figuran arranxos nos baños, no peche exterior e estudarase unha posible solución á zona de aparcamentos.

    Sen ben dende o executivo entenden as queixas dalgúns usuarios insisten en que o camposanto conta cun servizo de mantemento diario, cunha persoas dedicada en exclusiva a este labor. Malia todo, é inevitable que xurdan algunhas deficiencias que tratarán de solucionarse.

    Redacción Barbanza