Chegan á súa fin as xornadas de protocolo

    BOIRO > O Centro Social de Boiro acolleu esta pasado sábado a segunda e última xornada do seminario de protocolo organizado polo concello e a Asociación Etnográfica O Faiado II. Os asistentes a este curso puideron coñecer a importancia das relacións públicas en tódolos eidos así como o proceso ceremonial para a organización de eventos protocolarios.

    Os encargados de poñe-lo broche de ouro a estas xornadas sobre protocolo foron María Eugenia Rivas Rebollido e o edil de Cultura e técnico de Relacións Públicas, Manuel Velo. A primeira das conferenciantes explicou, durante a súa intervención o proceso para a selección e clasificación dos invitados nun evento social, así como os modelos e formas de envío das invitacións ou a ubicación dos anfitrións nos banquetes. Nesta mesma liña, referiuse ás fases e modalidades da comida neste tipo de actos explicando os detalles precisos na colocoación e uso dos enseres na mesa.Pola súa banda, Manuel Velou centrousee na importancia das relacións públicas ó longo da historia, con especial incidencia na etapa actual na que son imprescindibles para as empresas. Segundo o concelleiro de Cultura, a mellor forma para chegar ós clientes é a través das relacións publicas que ofrecen a imxa coorporativa da empresa sen engano nin contrapartida.

    Tralas intervencións de ámbolos dous conferenciantes tivo lugar un coloquio no que os asistentes participaron activamente, expoñendo as súas dúbidas e cuestións. A continuación, fíxoselles entrega dun diploma acreditativo do seu paso por este seminario que os converteu, practicamente, en expertos en protocolo.

    Redacción Barbanza