Ribeira renova os convenios de colaboración coas cinco entidades sociais que traballan na localidade

RIBEIRA> O alcalde, Manuel Ruíz, e a edil de Servizos Sociais, Ana Barreiro, mantiveron esta mañá no salón de plenos do Concello un encontro coas cinco organizacións de carácter social que operan no municipio: Ámbar, Amicos, Renacer, A Creba e Faibén.

A xuntanza tiña coma principal finalidade proceder á sinatura dos convenios de colaboración que a Administración Local mantén con estas entidades, que axudan a subvencionar diversos programas de axuda e inclusión social promovidos por estes colectivos e que se desenvolven ó longo do ano.

O importe global da contía destinada a estas cinco entidades ascende a uns quince mil euros, tres mil  por cada unha delas, cifra que o alcalde se comprometeu a facer o posible por incrementar na próxima anualidade.

O rexedor aproveitou tamén este acto para recoñecer o importante labor que as diferentes entidades veñen a realizar no ámbito da exclusión social e na mellora da calidade de vida das persoas vulnerables do municipio, remarcando tamén a necesidade de seguir colaborando con elas sobre todo nos tempos actuais pola chegada covid.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí