![]()
RIBEIRA> O comité de empresa do hospital do Barbanza reuniuse con representantes políticos para plantexarlle a necesidade de contar con celadores.
{flowplayer}barbanza/xuntanzaceladoresbarbanza.flv{/flowplayer}
En xaneiro de 2009, o hospital do Barbanza deixaba de ser fundación para integrarse no SERGAS. Sen embargo, nese proceso non se completou a dotación de persoal contando na actualidade con menos auxiliares ca outros hospitais galegos e sendo, xunto con Cee, o único que carece de celadores.
Despois de chamar a moitas portas para seren escoitados pola Consellería de Sanidade, agora acaban de desenvolver unha campaña de recollida de escritos entre os traballadores. Desta e doutras iniciativas que teñen previsto levar a cabo informaron ós representantes dos partidos políticos con que mantiveron un encontro.
Apoio unánime
Os deputados do PSOE e BNG no Parlamento, Xosé Manuel Lage e Ana Luisa Bouza, expresaron o seu total apoio ás demandas do persoal, tema que xa teñen levado en varias ocasións á cámara galega.
Pola súa banda a voceira do PP en Ribeira tamén se posicionou do lado dos traballadores aínda que lembrou o limitado dos recursos especialmente nestes tempos de crise.
Melloras para os usuarios
Dende o comité de empresa agardan contar co respaldo da sociedade posto que a incorporación de celadores suporá unha notable mellora da calidade asistencial para tódolos usuarios.
Redacción Barbanza











