SANTIAGO> Ante a negativa da Xunta de restituír as axudas asistenciais, a Asociación Galega de Mariscadoras, AGAMAR continúa cas protestas.
Malia o desapacible do día, levouse a cabo este acto simbólico como protesta a situación na que se quedan moitas destas traballadoras do mar, cualificada por AGAMAR de ‘absoluta indixencia’, logo de que Xunta de Galicia retirara a prestación non contributiva as mariscadoras xubiladas. Dende AGAMAR calculan que en toda Galicia esta medida afecta a máis de oitocentas traballadoras fronte os cálculos da Consellería do Mar que falan de douscentas afectadas.
{flowplayer}barbanza/manifestacionagamar.flv{/flowplayer}
A economía familiar destas mulleres vese seriamente afectada o deixar de recibir esta axuda, xa que esta pensión superaba os cincocentos euros.
Quendas diurnas
A prosposta da Consellería do Mar de que estas mariscadoras prolonguen a súa vida laboral para seguir cotizando, é tomada dende AGAMAR como unha provocación, dado que estas mulleres superan os sesenta anos de idade.
De momento está previsto facer quendas diarias de grupos de tres mulleres, que permanecerán acampadas diante de San Caetano e regresarán a noite ós seus fogares. Pero non é esta a única medida que teñen previsto adoptar dende o colectivo. AGAMAR xa se puxo en contacto cos alcaldes das diferentes comarcas onde residen as afectadas para solicitarlles unha xuntanza e pedirlles o seu apoio.
Demagoxia
Pola súa banda, dende a Consellería do Mar lamentan que dende distintos colectivos se estea intentando facer demagoxía desta situación. Tamén afirman que sería inxusto fronte a outras traballadoras que cumpriron coa lei, seguir pagando a un grupo de persoas que tiveron oportunidade de cotizar no seu momento e decidiron non facelo.
Redacción Barbanza