O pleno ó quince deixa en Cambados 1´5 millóns de euros

    fotoquinielacopia.jpg CAMBADOS> A administración da familia Reboredo foi a encargada de selar o boleto do único acertante no pleno ó quince desta semana.

    {flowplayer}images/salnes/Pleno15Cambados.flv{/flowplayer}

    O empate entre Xetafe e Atlétic no último partido desta xornada que se xogou onte, foi o que deu o pleno ó quince ó único acertante desta quiniela. Empate que se producía xa no tempo de desconto e que daba 1.550.000 euros ó propietario do boleto.

    Os martes o bar Mar de Arousa ten as súas portas pechadas por descanso do persoal pero hoxe os seus propietarios, achegaráronse igual ata aquí, pois non era para menos. Este é o premio máis grande que deu a administración que se sitúa neste bar na súa historia.

    O selado nesta administración é o máis antigo de Cambados. A familia Reboredo leva 57 anos repartindo sorte. Hai dous anos xa tiveran unha quiniela de catorce aínda que a cantidade foi bastante máis pequena, e tamén deron algún que outro premio da primitiva e da bonoloto. Aínda así ningún coma este.

    Carmen agarda que mañá cando volva a abrir as portas do seu bar se saiba algo máis sobre a identidade do gañador, aínda que asegura dende a administración serán discretos e non revelarán o nome.

    Redacción Salnés