OUTES> A cita, que se celebrará entre o 1 e o 3 de xullo, pretende poñer en valor o patrimonio marítimo de toda a ría coma motor de dinamización turística, cultural e empresarial.
O porto do Freixo dará cabida esta vindeira fin de semana á primeira edición da Feira Náutica. A cita, organizada polo Concello ó abeiro do Galp Seo de Fisterra-Ría de Muros-Noia, pretende poñer en valor a relación que ten Outes, e por extensión o Freixo, co mar, tocando diversos aspectos, que van dende a dinamización territorial, turística e económica.
Durante os tres días destacará tamén a mostra de embarcacións tradicionais.
Para os tres días hai programado tamén un amplo cartel de actividades, todas elas de balde, aínda que algunhas precisarán inscrición previa.
Destacan tamén os concertos de De Vacas e Xurxo Souto que se encargarán xunto a outros grupos de poñer a nota musical a esta feira, que nace coa idea de perdurar no tempo.