Devolven ó mar por erro o argazo xa recollido

    argazopobra_100.jpgPOBRA> As mariscadoras non ocultaron o seu malestar, xa que aseguran que a gran cantidade de algas acumuladas está a afogar o marisco nesa zona.

    {flowplayer}barbanza/argazopobra.flv{/flowplayer}

    As mariscadoras da Pobra que están a traballar no banco marisqueiro de Os Areos atopáronse esta mañá cunha desagradable sorpresa. O argazo acumulado sobre a rampla da zona do Castelo, en troques de ser retirado, fora devolto de novo ó mar.

    Nestes días, as condicións meteorolóxicas propiciaron a acumulación de gran cantidade de algas sobre este espazo portuario. As mariscadoras non entenden porque este valume non foi retirado a tempo, xa que no mar as algas son moi prexudiciais para o marisco que acaba morrendo asfixiado polo manto vexetal. Ademais o argazo dificulta o traballo de retirada da ameixa, o quedar enguedellado nos aparellos.

    Rápida solución

    Dende Portos de Galicia informaron que o esparexemento das algas no mar foi debido a un erro da empresa contratada para levar a cabo a limpeza dos espazos portuarios. Tan pronto foi notificada a situación, deuse conta o concello da Pobra para que operarios da brigada de obras municipal procederan a limpeza de todo o argazo. A praia quedou limpa de algas ó mediodía.

    Redacción Barbanza