![]()
RIBEIRA> O BNG instará ó executivo a presentar un recurso contra o POL polas restricións que establece en case todo o municipio.
{flowplayer}barbanza/recursoaprobaciondefinitivapol.flv{/flowplayer}
Os nacionalistas xa presentaron unha moción, que non chegou aínda a debaterse, pedindo ó concello que interpoña un recurso contencioso administrativo contra o POL.
Pretenden evitar así que a norma, á que deberá adaptarse o PXOM nun prazo de tres anos, prexudique a moitas áreas do concello. E é que, segundo explicou a voceira nacionalista, todo o bordo litoral do municipio queda catalogado como zona de mellora ambiental e paisaxística, onde non está permitida ningunha construción.
Núcleos máis afectados
Especialmente grave é a situación dos núcleos de Aguiño e Corrubedo que, ó ser cualificados como zona de especial interese, quedarían nunha situación similar á que se atopan os núcleos afectados por Costas.
Tan só se libra a parroquia de Oleiros posto que Carreira, Artes e Olveira, quedan incluídas na rede de espazos naturais de Galicia.
Por estas razóns dende o BNG animan ó executivo a abrir a vía xudicial, tal e como se fixo noutros casos como o recurso contra o Plan Acuícola e a aplicación da lei de Costas nos Areeiros e en Palmeira Norte.
Redacción Barbanza










