Elvira Blanco elixida coma nova responsable comarcal de Galiza Nova

    BARBANZA> A organización xuvenil do BNG, Galiza Nova, celebrou esta pasada fin de semana unha asemblea aberta co fin de renovar ó seu responsable comarcal, ante a imposibilidade de Alexandre Ríos, a persoa que viña desempeñando este cargo ata o de agora, de poder seguir exercendo esta tarefa. Na asemblea, na que se contou ademais coa presenza do actual Secretario Xeral de Galiza Nova, Alberte Mera, elixiuse coma nova responsable comarcal a Elvira Blanco Pérez. Na mesma tamén se nomeou a Luís Pérez Barral, actual edil na corporación municipal ribeirense, coma vice-responsable comarcal desta entidade xuvenil.