Arranca en Noia a Semana Saudable co queixo galego como protagonista

NOIA> Os queixos galegos con Denominación de Orixe Protexida son os protagonistas da Semana Saudable que arrancou esta mañá en Noia. Unha das primeiras actividades tivo lugar no centro ocupacional da Misela onde os seus usuarios coñeceron os beneficios de consumir lácteos.

Esta mañá arrancaba en Noia a Semana Saudable ‘Saberes e Sabores de Galicia’ cunha cata de queixos no centro ocupacional da Misela. Os usuarios coñeceron da man da catadora Salomé Beiro as propiedades e os beneficios do consumo da leite e os seus derivados.

Ademais de aprender tiveron ocasión de catar algúns dos queixos galegos con DOP que contan ademais co distintivo de Galicia Calidade.

Tras esta primeira xornada, as actividades terán continuidade ó longo de toda a semana en colaboración con diversas entidades e centros educativos.