A Pobra conmemorará o Día das Forzas Armadas cun concerto

A POBRA> O Cine Elma da Pobra acollerá o próximo 6 de xuño un concerto da Unidade de Música do Cuartel Xeral do Mando de Apoio á Manobra. Esta actividade, enmárcase no programa de actos conmemorativos que se están a desenvolver co gallo do Día das Forzas Armadas.

Ademais dos actos centrais celebrados en Vigo, nos que se inclúe tamén un concerto a cargo de diversas unidades militares,  son moitas as localidades que acollerán actividades conmemorativas desta efeméride que se celebra o 30 de maio, festividade de San Fernando. Unha delas é A Pobra que acollerá un concerto da Unidade de Música do Cuartel Xeral do Mando de Apoio á Manobra o sábado 6 de xuño.

Máis de 30 músicos subirán ó escenario para interpretar un variado repertorio composto non só por marchas militares senón tamén outras pezas dos máis variados estilos como o jazz.

Dende o concello convidan á cidadanía a achegarse a disfrutar deste espectáculo que permitirá coñecer máis de preto o talento destes músicos cunha extensa formación e unha ampla traxectoria de máis dunha década.

O concerto está programado para as oito da tarde e a apertura de portas será media hora antes. A entrada será de balde ata completar aforo.