Hernández reafirma o seu compromiso co macropolígono

    ppmacropoligonobarbanza_copia.jpgBARBANZA> Facía o pasado venres durante un acto de partido celebrado na Pobra. Segundo el, en abril realizarase a aprobación definitiva do proxecto.

    {flowplayer}barbanza/ppmacropoligonobarbanza.flv{/flowplayer}

    Ante un nutrido grupo de persoas que participaban na presentación da candidatura do PP da Pobra do Caramiñal, o conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infrestruturas, Agustín Hernández, afirmou que o Goberno Autonómico aprobará definitivamente en abril o proxecto de construción do futuro macropolígono do Barbanza. O titular de Infraestruturas volve a reafirmar o seu apoio a esta importante actuación, como xa fixera anteriormente o pasado mes de febreiro tras unha xuntanza mantida en Santiago co alcalde pobrés, Isaac Maceiras, e o deputado e candidato do PP á alcaldía ribeiresa, Manuel Ruíz Rivas. No acto do venres, Agustín Hernández volveu a arremeter contra o Executivo Bipartito na Xunta, ó pretender levar a cabo, segundo el, a construción do parque empresarial comarcal nun chan rústico e de especial protección forestal como é o da zona de Moldes.

    Satisfacción

    O alcalde da Pobra do Caramiñal valorou moi positivamente a nova, que posibilitará a dotación de máis chan industrial na comarca, especialmente nos concellos da Pobra e Ribeira, nos que existe unha elevada demanda de terreo, o que propiciará no futuro a creación de novos postos de traballo.

    Redacción Barbanza