Panxoliñas para despedir os obradoiros de conciliación en Ribeira

RIBEIRA> Os participantes nos obradoiros de Nadal de Ribeira pecharon as actividades cun festival. Os máis pequenos entoaron panxoliñas mentres que os pequenos artistas do obradoiro de escultura exhibiron con orgullo as súas creacións.

O festival de peche desenvolvido no conservatorio municipal pon a clausura a un amplo e completo programa de actividades deseñado polo concello de Ribeira para facilitar a conciliación familiar durante o Nadal. Aínda que con importantes novidades, as actividades habituais como o Nadal concilia volven ser as que contan con maior demanda.

Tamén o obradoiro de iniciación á escultura, impartido por Jontxu Argibay, está a converterse xa nun clásico do Nadal ribeirense. Este ano destaca a calidade dos seus alumnos entre os que de seguro haberá algún que outro futuro escultor.

Os máis pequenos foron os encargados de poñer o broche de ouro á programación navideña entoando panxoliñas ante un entregado público que retratou para a posteridade as actuacións estelares deste fin de festa.