Manuel Ruíz dá conta das iniciativas presentadas polo Grupo Popular na Comisión de Pesca do Senado

RIBEIRA> O senador Manuel Ruíz compareceu esta mañá en Ribeira para dar conta das iniciativas promovidas polo grupo popular na Comisión de Pesca do Senado, unha vez finalizado o período de sesións. 

Off

Dende a constitución da Comisión de Pesca no Senado, son moitas as iniciativas  presentadas polo PP para favorecer o sector pesqueiro, principal motor da economía galega. A pesar das numerosas propostas, dende o grupo popular denuncian a oposición do goberno central para levar a cabo medidas tan necesarias como excluír á flota artesanal do regulamento de control ou levantar o veto do arrastre de fondo en 87 caladoiros.

Inserto

Outra das cuestións que seguen a reclamar os populares é a aplicación da rebaixa do IVE ós produtos pesqueiros que teñen rexistrado unha baixada de máis do 35 por cento no seu consumo.

Inserto

Critican tamén que o goberno de España non aproveitase a presidencia europea na negociación dos TAC coa fin de conseguir maiores posibilidades de pesca para a nosa flota.