A concesión da gasolineira de San Roque podería ter expirado en 1993

    gasolineira copia100.jpgVILAGARCÍA> Os veciños sacan á luz este documento que reforza a súa loita por retirar a estación de servizo do centro do barrio.

    {flowplayer}images/salnes/LICENCIA_GASOLINEIRA_SAN_ROQUE.flv{/flowplayer}

    O ano 1993 podería ser a data na que expirou a concesión da gasolineira de San Roque. Segundo un documento feito público estes días e emitido no ano 1998 pola Dirección General de la Energía, unha lei de xaneiro do 93 recollía que as concesións pasarían a ser autorizacións administrativas competencia da Xunta de non solicitar unha prórroga; opción que foi descartada pola empresa titular da gasolineira.

    E é que esta é unha loita que se remonta a preto de 40 anos atrás, sen que a pesares das numerosas xuntanzas co concello, o goberno local conseguira chegar a un acordo cos veciños por problemas de competencias entre as administracións. Chegados a este punto, os veciños esixen unha solución.

    Para os veciños, a única saída pasa pola retirada da gasolineira do barrio de San Roque, unha zona que, aseguran, ve o seu desenvolvemento limitado pola presenza desta estación de servizo.

    Redacción Salnés