O PP presenta ó equipo de expertos que rescatará a economía do concello

    ecoppvilagarcia2.jpg VILAGARCÍA> José Manuel Pardal encargarase da Área Económica, e contará cun trío de profesionais que diagnosticarán a situación das arcas municipais.

    {flowplayer}images/salnes/pp_vilagarcia_economia.flv{/flowplayer}

    O PP de Vilagarcía presentou hoxe o equipo económico co que pretende sacar ó Concello da crise. O candidato Tomás Fole leva de número 9 a José Manuel Pardal, director financeiro do grupo Quintá, quen, de acadar o goberno, levaría a área económica. Xunto a el están José Antonio Redondo, doutor en Ciencias Económicas, Nuria García, licenciada en Ciencias Empresariais, e María Bastida, Doutora en Ciencias Empresariais.

    Este equipo fará un diagnóstico da situación financeira do Concello e para iso conta xa con datos de 2007, 2008 e 2009. Interesaranse pola evolución da débeda, pola capacidade de gasto condicionado e pola débeda extrapresupostaria. De aí farán un plan de saneamento para logo deseñar un plan estratéxico. Dentro do Plan Estratéxico, o PP baralla a creación dunha central de compras para racionalizar o gasto corrente do Concello. A austeridade será a clave dese plan.

    Tomás Fole presentará a súa candidatura completa este sábado, á unha e media da tarde, no Auditorio de Vilagarcía, coa presencia do secretario xeral do PPdeG, Alfonso Rueda.

    Redacción Salnés