![]()
PONTEVEDRA> Paco&Lola 2007 e Santiago Roma-Selección 2008 foron os vencedores da XI Cata-Concurso "Viños Brancos Galegos".
{flowplayer}images/salnes/130809_premio_paco_lola.flv{/flowplayer}
Paco y Lola e Santiago Roma-Selección. Primeiro e segundo premio na Cata Concurso Viños Brancos Galegos. Trátase dun certame que cada ano organiza a Casa de Galicia en Bilbao con motivo da Feira de Galicia, que se celebra o mes de xuño na capital vizcaína. Os dous son albariños da Denominación de Orixe Rías Baixas. Paco y Lola está elaborado pola Adega Rosalía de Castro e Santiago Roma Selección polas Adegas Santiago Roma.
Nesta edición, a número 11, presentáronse ó concurso 32 viños das 5 denominacións galegas. Seis profesionais da Asociación de Euskadi de Sumilleres foron os encargados de elixir ós gañadores nunha cata cega. O terceiro premio recaeu nun godello do 2008, “Viñaredo”, elaborado por Adegas Santa Marta, da D.O. Valdeorras.
A entrega de premios tivo lugar no Pazo de Mugartegui, sé do Consello Regulador da DO Rías Baixas. O acto estivo encabezado polo presidente deste organismo, José Ramón Meiriño, que valorou positivamente as expectativas para a colleita do 2009. Segundo apuntan as previsións, podería ser un 10% superior á do ano pasado.
Redacción Salnés








