As traballadoras de Santo Anxo concéntranse tras meses sen cobrar

    fotoconcentracioncopia.jpg GROVE> Algunhas delas levan ata 8 meses sen cobrar e a situación é insostible. Moitas mesmo deixaron os seus postos de traballo ño non poder aguantar máis.

    {flowplayer}images/salnes/ConcentracionResidencia.flv{/flowplayer}

    As traballadoras da residencia Santo Anxo concentráronse para reclamarlle ó propietario do centro os oito meses que levan sen cobrar.

    Despois de ter falado con diferentes consellerías, coa Xunta de Galicia e mesmo con Inspección de Traballo, estas empregadas aseguran que non poden máis.

    Algunhas delas levan ata 8 meses sen cobrar e a situación é insostible. O xerente da empresa comprometeuse hai un mes diante de Inspección de Traballo a tomar medidas para poñerlle solución ó problema. Pero a estas alturas as traballadoras continúan na mesma situación.

    A maior parte delas aseguran que non queren deixar o traballo. Queren que se lles pague o que se lles debe e seguir desempeñando a súa labor.

    Redacción Salnés