O Club de Leones de Vilagarcía inicia a campaña de doazón de órganos

    VILAGARCÍA> O transplante de órganos é neste momento a única solución ante o deterioro irreversible de determinados órganos e evita unha morte segura a corto prazo. Aínda que o ano pasado máis de catro mil galegos solicitaron a tarxeta de donante aínda hai moitos prexuízos. Deste xeito a ONG , Club de Leones, inicia o vindeiro tres de maio unha campaña para animar a poboación a sumarse a esta acción solidaria que pode salvar moitas vidas.

    clubleonesvilagarcia_300_190406.jpgO marido de Begoña faleceu o pasado mes de Xaneiro esperando un corazón que nunca chegou. O seu órgano estaba demasiado desgastado e o seu corpo non puido aguantar máis. O escaseo de órganos non permite que persoas como esta poda alargar a súa vida. Actualmente hai máis de 5000 pacientes que esperan un transplante e único factor que limita a disminución das listas de espera de receptores é o número de doantes. A extracción de órganos só se pode levar a cabo nun hospital cun falecido. Despois de realizar as comprobacións de morte cerebral marcadas pola lei o equipo médico valora que órganos son válidos e solicita a autorización a familia para efectuar a extracción. Aínda hai moitas familias que se negan a dar esta autorización.Deste xeito a ONG, Club de Leonés, estará na praza de Galicia de Vilagarcía o vindeiro tres de Maio para lembrar a poboación que calquera de nos pode necesitar un órgano en algún momento da súa vida.

    Redacción Salnés