Zona Aberta recibe cunha festa a volta ao cole

    VILAGARCÍA> O día 10 comeza a operación da volta ao cole. En Zona Aberta xa están inmersos nesta campaña, unha das máis fortes de todo o ano. O pequeno comercio agarda pechar setembro con bos resultados, despois dun verán mellor que o anterior. Ademais, para que os pequenos aproveiten ao máximo o que lles resta de vacacións, a asociación xa ten todo listo para a súa tradicional festa antes do arranque das clases. Será mañá na praza de Galicia.

     

    Os comerciantes de Vilagarcía xa están inmersos na campaña da Volta ao Cole. Trátase dunha das épocas do ano máis fortes para as tendas, por iso agardan pechar setembro con bos resultados.

    A volta ao cole comezará o día 10 e, para facer a espera menos amarga, Zona Aberta repetirá mañá a súa festa antes do inicio do cole. 

    Será mañá entre as 5 da tarde e as 9 da noite na Praza de Galicia.

    {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/09setembro/07/volta_cole_zona_aberta.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/09setembro/07/volta_cole_zona_aberta.mp4{/flowplayer}

     

    DEIXAR UNHA RESPOSTA

    Por favor, engade un comentario!
    Por favor, engade o teu nome aquí