ENGROBES organiza o domingo a súa Gran Gala de Nadal

     O GROVE> A once grovenses hoxe regaláronlle cartos; e todo por mercar nos comercios da súa vila. Este é o resultado da campaña de Nadal

    {flowplayer}images/salnes/sorteo_nadal_engrobes.flv{/flowplayer}

    … levada a cabo polo Centro Comercial Aberto “De Tendas” que celebrou hoxe o correspondente sorteo. En total sorteáronse uns 2.000 euros en vales de compra: uns cinco premios de cen euros e 6 de cadanseus cincuenta euros; entre os vintecatro mil boletos que entraron a concurso.

    A relación de premiados é a seguinte. Os premiados con cincuenta euros son Daniel Prol Lijó, Ángela Barbeito Otero; Angela Meis, Delfina Garrido; María Prieto Magdalena; Loli Fontán Martínez. Os agasallados con cen euros son María Teresa Bea, María Barral Caneda, Patricia Rey Conde, Lucia Gondar Rosal e María Luisa Romero Calero. Deste xeito, estes grovenses xa entenderon pola vía máis rápida de todas que investir no comercio de proximidade é o que mellor beneficios aporta ós veciños deste Concello.

    Estes premios serán entregados no transcurso da Gala de Nadal de ENGROBES e do Centro Comercial Aberto “De Tendas” que terá lugar este domingo, a partires das 17.30 da tarde, no Pavillón de Congresos e Exposicións do Gran Hotel da Toxa. Este ano, esta animada gala chamarase “Se o sei Veño”, e amais de prometer gargalladas e entretemento; será onde se sorteen os premios gordos da antedita campaña de Nadal: o vale de compra de 600 euros e os dous premios de 300 euros.

    Amais durante esta gala haberá sorteos benéficos especiais doutros premios como ceas, carros da compra ou merchandising do Centro Comercial Aberto “De Tendas”.

    Redacción Salnés