![]()
VILAGARCÍA> Tomás Fole fíxose a foto oficial no Auditorio de Vilagarcía, acompañado dos 31 compoñentes da súa lista electoral.
{flowplayer}images/salnes/Fole.flv{/flowplayer}
Despois celebrouse un acto no que estivo acompañado polo Presidente da Deputación, Rafael Louzán e os Conselleiros Alfonso Rueda, Agustín Hernández e Rosa Quintana.
Fole volveu facer fincapé na necesidade dun cambio para Vilagarcía e, segundo el, o cambio está no Partido Popular.
A pesares dalgún que outro contratempo coas luces, o popular nomeou un a un ós membros da súa candidatura, segundo dixo, moi preparadas profesional e persoalmente para colocar a Vilagarcía no lugar que se merece.
Tamén houbo tempo no seu discurso para facer mención as mariscadoras do colectivo Lazareto, coas que xusto antes do acto se comprometeu a reunirse o vindeiro mércores. Segundo dixo o candidato á alcaldía, farán todo o posible por chegar a un acordo.
Redacción Salnés








